venres. 27.06.2025
El tiempo

800 cachelas no San Xoán e no San Pedro de Carballo

800 cachelas no San Xoán e no San Pedro de Carballo

"Unha avalancha de peticións". Así definen dende o Concello de Carballo o número de peticións que recibiron para o permiso das cachelas do San Xoán e de San Pedro. E iso só na 1ª quenda xa que onte reabriuse o prazo de comunicación previa de cachelas para a noite de San Pedro. Hoxe será o último día, e o procedemento é o mesmo: ou ben cubrir o formulario impreso que está dispoñible na planta baixa da casa do concello e introducilo na urna situada no mesmo lugar ou ben descargalo da páxina web carballo.gal e envialo por correo electrónico a cachelassanxoan@carballo.gal. Segundo informan dende o Concello, na primeira quenda presentáronse case 800 solicitudes para as dezaoito parroquias.

O 23 de xuño é un dos días grandes do San Xoán grazas, precisamente, á gran tradición de cachelas e sardiñadas que existe no noso concello, e que se mantén ao longo do tempo tanto en celebracións familiares coma comunitarias. A gran cachela organizada pola comisión de festas resultou todo un éxito. As persoas asistentes louvaron a organización e a preparación das sardiñas, das que se venderon 500 racións a un prezo de 10 euros.

A sardiñada popular, xunto coa cachela elaborada por Maxi Pazos e os seus axudantes, volveron converter a noite de San Xoán nunha das grandes noites das festas de Carballo, que continúan con moitísima actividade aínda ata o domingo, día da despedida á beira do Anllóns na tradicional Festa do Bosque.

Comentarios