Rescate na praia de Laxe: “Os socorristas fixeron un traballo de 10”
10:59 17/07/21
Esta pasada tarde venres, arredor das 17:30h, os socorristas salváronlle a vida a un home duns 60 anos que perdía o coñecemento mentres se bañaba na praia de Laxe. De contado os socorristas saíron por el, sacárono da auga e lle fixeron os exercicios de RCP coa bomba (coas normas covid non se pode facer o boca a boca) e o conseguiron reanimar.
De contado, o 112 xa alertara ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, á Policía Local, ao GES de Ponteceso e a Protección Civil de Laxe. Precisamente dende Protección Civil de Laxe recoñecen que “os socorristas fixeron un traballo de 10”, salvándolle a vida ao home.
Os equipos médicos conseguiron estabilizado e foi trasladado no helicóptero medicalizado de Santiago.