Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Senda Nova recupera a tradición co "Inverno Ancestral"

Senda Nova recupera a tradición co "Inverno Ancestral"
Voluntarios e voluntarias de Senda Nova presentaron durante o magosto o programa do Inverno Ancestral Voluntarios e voluntarias de Senda Nova presentaron durante o magosto o programa do Inverno Ancestral A asociación ecoloxista Senda Nova adiantou a entrada no inverno. Fíxoo o pasado sábado en Carballo, onde máis de 50 voluntarios e voluntarias da agrupación se reuniron na rúa Venezuela. Unha vez alí, acompañados de representantes políticos, socios,... e cunhas castañas por medio presentaron o seu próximo programa de actividades: o "Inverno Ancestral". Este proxecto, que vai pola terceira edición, aséntase nas costumes populares dos máis maiores e ten como obxectivo principal a transmisión delas á sociedade e, de xeito especial, aos nenos e nenas da Costa da Morte. A posta en valor do patrimonio inmaterial é, por tanto, o eixe dende onde xira este proxecto con máis de 15 accións diferentes e con case 30 días de actividades espalladas polas comarcas de Bergantiños e Soneira. Historias de inverno Unha gran parte do cartel compoñeno as Historias de Inverno, coma sempre nas diferentes parroquias da Costa da Morte. Igual que en anos anteriores, son os máis vellos do lugar os encargados de narrar as vivencias e a historia da súa parroquia a través de diferentes e interesantes temáticas axeitadas por un presentador tamén coñecedor da parroquia. Unhas entretidas narracións que se manteñen para sempre no material gráfico recollido por Senda Nova e que se sumarán as parroquias participantes en anos anteriores. Nesta ocasión viaxarán ata Caión, Cances, Lamas, Aldemunde, Cerqueda. Tamén haberá tardes de contos, lareiras e café nos locais sociais de Laxe, Carballo e Rececinde. O Apalpador Ao igual que en anos anteriores, Senda Nova continúa traballando co Apalpador dentro do nadal galego. Como novidade, este ano a mariores visitarán os máis pequenos das escolas de Carballo e Coristanco. Como cada ano, o carboeiro galego baixará o vindeiro 3 de xaneiro das montañas de Meda cargado de agasallos para os méis pequenos. Así que os veciños e veciñas de Zas recibirano no local social de Carreira, coa colaboración da asociación de veciños O Santiaguiño. Ademais haberá xogos, música, e moita diversión no museo do Liño de Carreira. Xogos e xoguetes tradicionais Outras das actividades que sen enmarca dentro do "Inverno Ancestral" é recuperar os xogos e os xoguetes tradicionais. Con esta actividade os máis novos coñecerán como xogaban os máis vellos do lugar. Ademais, con esta actividade intentarán demostrar nunha época claramente consumista a necesidade de fabricar os propios xoguetes como ferramenta imaxinativa e de potenciación das destrezas do neno. Desta forma, tamén se fomentá a creación dos xogos favorecendo a coordinación e a organización entre os máis novos en xogos comúns. Cerqueda, patrimonio e paisaxe Xosé Manuel Varela Varela e membros da asociación de veciños Monte D'Arxa guiarán un interesante e interpretativo roteiro de sendeirismo pola parroquia malpicana de Cerqueda. Este roteiro terá lugar o 10 de xaneiro de 2016. Xornadas de interpretacióin en Baldaio Coincidindo co día internacional dos humedais,  Senda Nova pon o foco a un humidal da contorna que, nesta ocasión será o de Baldaio. A través de saídas interpretativas con escolares e abertas ao público en xeral, polas diferentes parroquias que compoñen Baldaio achegarán a súa riqueza ao público bergantiñán. As actividades, que se desenvolverán do 25 ao 31 de xaneiro, completaranse nunha intensa semana con charlas e outras actividades de aula. Excursión Unha excursión a outros lugares da península, ainda por concretar, poñerá o broche final ao III Inverno Ancestral de Senda Nova. Programa inverno-ancestral Fonte  

Comentarios