A Técnica de Turismo de Laxe, María Mato, nova delegada en Galicia da AEPT
Como nos alegramos do nomeamento da nosa María Xosé Mato como nova Delegada Territorial da Asociación Española de Profesionais do Turismo (AEPT) en Galicia. A laxesa, que nos ten contado infindade de cousas arredor do turismo nas FirmasQPC asume con “especial ilusión e responsabilidade, sentíndome parte activa dunha profesión que escollín, na que traballo e coa que me sinto comprometida.
”O meu obxectivo como Delegada Territorial é alcanzar a identidade e o recoñecemento social dos e das profesionais deste sector en Galicia”, explícanos. “Este é momento de superar as conductas prudentes e contemplativas, de trascender cara un comportamento proactivo que nos permita crear sinerxias entre os profesionais, tanto públicos coma privados, que configuramos o turismo a tódolos niveis e perseguimos a consolidación e dignificación dos postos de traballo desempeñados neste sector”.
Mato ten Grao en Turismo e Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos, é a ctualmente Guía Oficial de Turismo de Galicia, además de Xestora, Formadora, Asesora e Evaluadora SICTED, e Técnica de Turismo en Laxe.
Dende a AETP queren reforzar con este nomeamento a súa presencia en Galicia.
Artigos de María José Mato
- Cales son os riscos de centrar a economía dos nosos concellos no turismo?,
- Guía de turismo, unha profesión regulada.
- 5 claves de márketing para triunfar en FITUR.
- A hospedaxe turística na Costa da Morte.
- O modelo de desenvolvemento turístico sostible: cantidade ou calidade.
- Relacións entre residentes e turistas: a turismofobia.
- Turismo sostible para o desenvolvemento.
- A regulación do alugueiro de vivendas de uso turístico.
- Xeodestinos turísticos.
- A morte por éxito turístico.
- Que é o turismo?.