Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Triple sesión de festas en Serantes, Berdoias e Coucieiro

Triple sesión de festas en Serantes, Berdoias e Coucieiro

Envíennos os seus carteis das festas da vosa parroquia, ou dos que atopedes pola estrada. Xa recuperamos as longas Festas de San Pedro da Ponte do Porto, e hoxe, vimos de atopar estes das festas da parroquia laxense de Serantes, da vimiancesa de Berdoias e da muxiá de Coucieiro.

Festas de Berdoias

Este mércores 29 xa comezan as festas en Berdoias. E o fará con Los Españoles que estarán amenizando a sesión vermú e mais a verbena nocturna. A cita do xoves 30 de xuño será con VeranoAzul e America SL, que pola noite porá un toque de rock á verbena. E o venres rematará a festa cunha gran sardiñada a partir das 18:00h amenizada pola orquestra Ría de Vigo.

Festas de Serantes

Dende este venres, 1 de xullo e ata o domingo 3 a parroquia laxense de Serantes celebrará as Festas do Rosario.

Para o venres haberá 2 grandes orquestas: América S.L. e Capitol. O sábado d toca sesión coa orquesta Solara e ó famoso grupo Ráfaga!!! E para rematar o Domingo día 3 a orquesta Juan Mallo, ó finalizar ás orquestas continuará de festa con musiqueo ata as tantas...

Festas do Socorro de Coucieiro

Pola parroquia muxiá de Coucieiro tamén andan de festas sábado 2 e domingo 3 de xullo. O sábado toca sesión vermú coa orquestra Madeira que repetirá pola noite co Grupo Alkar.

Para o domingo chega o dúa forte, coa misa cantada pola Coral de Muxía, danza de arcos cos mozos da parroquia e acompañados polo grupo "Peta Forte", e sesión vermú e verbena con El Combo Dominicano.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios