Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Fisterra viviu unha noite de lume e moita Troula

Fisterra viviu unha noite de lume e moita Troula

O pasado sábado celebrouse na praia da Langosteira a mellor Festa da Xuventude nos últimos anos na localidade. Turistas, visitantes, peregrinos e moitos fisterráns foron testigos dun gran espectáculo de San Xoán durante toda a noite.

Foi un ano cargado de xente a que se desprazou ata a zona a desfrutar, desde as once da noite, do grupo tan coñecido e xa considerados como da casa, os Kilomberos de Monte Alto. Esta banda de festexeiros percusionistas animaron durante dúas horas todo o paseo da praia Langosteira e a propia praia con percusión brasileira.
Toda a xuventude concentrada nas primeiras horas no paseo, onde cenaban, e gozaban da súa música e a súa animación participando activamente na mesma.

A Troula

Pero o momento espectacular da festa foi a chegada, á unha da mañá, do grupo de animación de rúa Troula Animación co seu espectáculo "Lume".
As caras dos asistentes non saían de asombro do marabilloso espectáculo que se estaba a formar na praia. Fogos de artificio, petardos, malabaristas, zancudos, bruxos, meigas, tambores... percorreron a zona reivindicando a nosa Terra Galicia, as nosas lendas, costumes, tradicións... O espectáculo do conxuro da queimada sorprendeu ata os propios fisterráns pola súa vigorosidade e vistosidade.

A animación rematou sobre as dúas e media da mañá cunha gran traca de fogos,os cales lle deron paso a actuación do grupo Fisterra´s Mafia, o grupo de fisterráns tan recoñecidos na zona. Actuaron hasta as 7 da maña cunha gran variedade de estilos onde os máis novos viviron unha noite inolvidable de San Xoán.

Desde o Departamento de Cultura do Concello de Fisterra amosan unha gran satisfación co traballo realizado e o seu agradecemento a todos os asistentes por darlle a posiblilidade de levar a cabo este tipo de iniciativas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios