Un Atalajazz de estreo en Laxe
O jazz volverá a Laxe. O V Festival Atalajazz celebrarase o sábado 11 de agosto no paseo marítimo laxense e contará cun repertorio de excepción, e da casa. Da man do Hot Club de Laxe poderemos pois disfrutar do o maior, e único, evento de Jazz de toda a Costa da Morte.
E son apostas da casa, pois tanto "Al Jazzeera Band" como "On" son bandas formadas por músicos experimentados e superfiables da zona, que ademais, estrearanse en directo.
Atopamos, entres eles, xentes de Baio, Nantón e Laxe, co cal o festival asegura dúas cousas: que vai haber xente para ver aos seus protagonistas, e que o custe do mesmo non é xigante, "asegurando a continuidade do Festival, pois en tempos de crise e sen subvencións é complicado", como nos conta Víctor García, un dos organizadores, que considera moi importante este feito, i é que xa houbo algún ano, como o 2010, que o festival non se puido realizar por falta de orzamento.
Ambas bandas tirarán por un repertorio bastante bluesero.
Completarán o festival Funkatro a banda coruñesa de Álvaro Muras, en formación de cuarteto (trío de batería-baixo-guitarra con saxo) facendo unha mestura de funk con claras influencias de jazz.
O festival rematará cunha sesión Dj con The Fakes.
Aquí vos deixamos con Funkatro:
Máis información
- Facebook do Hot Club de Laxe.
- Cempés, A Quadrilha, Xarnege e Ultraqans para a XXIX Festa da Carballeira de Zas.
- 10 citas festivaleiras para este verán na Costa da Morte.
- Redacción de QPC ([email protected]).