Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe recupera o Atalajazz

Laxe recupera o Atalajazz

Tras un ano de parón, volve o Atalajazz. Hot Club de Laxe ten gañas de música e xa está en marcha organizanco o que será o IV Atalajazz 2011. A cita xa ten data, o venres 12 de agosto, pero aínda hai moito que roer.

Grandes como Santiago Auserón ou Xacobe Martínez están o punto de mira, e dende a organización están a facer todo o posible por achegalos á Costa. Estaremos atentos ás novidades deste festival que se suma así á Axenda Sonora da Costa da Morte.

Atalajazz 2009

Aquí vos deixamos unha produción de Mandeo Records, moi vencellada á vida laxense, sobre o último Atalajazz do 2009.

Abrindo boca

E para irmos preparando, o Pub A Ventana acolle este venres 17 de xuño o concerto de Dixie Town.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios