Preocupación pola caída de grandes lousas da fachada do Hospital de Cee
09:55 12/12/25
Hai fonda preocupación no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee ante a caída das grandes lousas que forman a recén limpada fachada do edificio.
Hai 15 días desprendíase unha lousa na fachada leste do Hospital, e afortunadamente a lousa caía nunha das zonas verdes dos patios interiores do hospital. Aí segue tirada no céspede.
Pero é que o martes pasado se desprendeu unha lousa da fachada norte do hospital, onde están os muelles de carga, e destrozou o parabrisas dunha UCI. Afortunadamente non hubo vítimas, pois a ambulancia estaba aparcada e baleira. A zona permanece estes días acordonada.
Con todo, a preocupación é máxima entre o persoal do centro, porque as lousas son moi grandes e poden provocar accidentes graves.