Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xa está en marcha o Nadal solidario en Laxe

Xa está en marcha o Nadal solidario en Laxe

As actividades programadas para este Nadal dende a Área de Cultura do Concello de Laxe deron comezo o sábado pasado coa oitava edición do Festival de Panxoliñas levado a cabo na Igrexa parroquial de Santa María da Atalaia con grande éxito de audiencia.

Pero non paran. Hoxe mesmo, ás 18.00 horas no Salón de Actos de Laxe da man de IULIUS XIII que ofrecerá un concerto didáctico dirixido tanto o alumnado da Escola Municipal de Música coma a todas aquelas persoas interesadas.

Ó mesmo tempo está aberta a Campaña Solidaria coa que cada ano nos implicamos socialmente. Desta vez facémolo por medio da recollida de tapóns de plástico para Aitana, unha nena de Zaragoza de 9 anos cunha cardiopatia conxénita, que precisa dunha custosa intervención quirúrxica. O punto de recollida está situado na planta baixa da Casa do Concello e continuará aberto ata o 31 de xaneiro. Sabemos que a intervención a Aitana non garante o éxito pero queremos contribuír a abrirlle unha fiestra a esperanza tanto a pequena coma a súa familia e por iso, pedimos a maior colaboración posible.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Laxe.

Comentarios