Venres. 29.03.2024
El tiempo

#25N: Malpica plántalle cara á violencia de xénero cun lipdub

#25N: Malpica plántalle cara á violencia de xénero cun lipdub
O centro cívico acolleu a preestrea do lipdub protagonizado por xente vinculada a Malpica O centro cívico acolleu a preestrea do lipdub protagonizado por xente vinculada a Malpica Máis de cen persoas asistiron onte á preestrea do vídeo de participación social promovido dende a Área de Igualdade do concello de Malpica “co obxectivo de concienciar e sensibilizar sobre unha problemática tan importante como é a violencia de xénero”, tal como manifestou o alcalde malpicán, Eduardo Parga. A preestrea do vídeo, protagonizado por máis de cen persoas, tivo lugar no auditorio do Centro Cívico. Eduardo Parga lembrou que o ano pasado “rematou con 54 mulleres mortas vítimas da violencia machista, 6 na nosa comunidade autónoma, e 44 menores orfos. No que levamos do 2015 as vítimas ascenden a 48 mulleres”. As cifras indican que é preciso seguir traballando na sensibilización da poboación, e ese é o compromiso do concello de Malpica, que ten en marcha campañas de información e formación, incidindo “nos centros educativos e na intervención por medio de apoio constante ás mulleres vítimas e ás súas familias”, engadiu o alcalde, porque “non debemos ser cómplices de ningún tipo de comportamentos violentos e debemos estar sempre do lado as mulleres vítimas e dos seus fillos e fillas”. Pola súa banda, a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, felicitou á técnica de Igualdade, Patricia Vaquero, pola iniciativa do lipdub como parte dese labor de sensibilización que está a desenvolver o seu departamento e que non se limita ao 25 de novembro, senón que “cremos necesario e primordial traballar durante todo o ano para intentar erradicar esta lacra social, que é a tarefa pendente do século XXI”. Marisol Blanco lembrou que a violencia de xénero “é unha violencia específica que sofren as mulleres polo simple feito de ser mulleres”. O lipdub presentado onte enmárcase na campaña “Non te escondas máis. Por min e por todas as miñas compañeiras”, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, e que tamén inclúe marcapáxinas informativos sobre os servizos que presta o concello de Malpica en materia de igualdade e chapas coa imaxe de Malpica Igualdade, a nova marca que englobará todas as accións promovidas dende o concello neste ámbito. Case 300 visualizacións Escolares dos CEIP Milladoiro e Joaquín Rodríguez Otero, a UD Cerqueda, a Asociación Oleira de Buño, a Asociación de Redeiras O Fieital, os alumnos e alumnas dos cursos de alfabetización informática e novas tecnoloxías, a Asociación Íntegro e membros do goberno municipal participaron na gravación dun lipdub da canción “Se acabaron las lágrimas”, de Huecco, co obxectivo é transmitir ás mulleres que son vítimas da violencia de xénero que hai saídas. saídas. O vídeo pode verse xa na canle de YouTube que onte contaba case con cerca de 300 visualizacións.
Novas relacionadas Fonte

Comentarios