32 postos conforman o Mercado Medieval Mariñeiro de Malpica
08:25 19/08/22
Venres e sábado celébrase a Festa Galega con grandes concertos. Pero é que Malpica está a rebentar estes días coa posta en marcha, xa onte, da VII edición do Mercado Medieval Mariñeiro. A pesar dos problemas ca auga da traída (aínda non se coñecen os resultados das analíticas) a vila vive unha finde festeira.
O Mercado compóñeno 32 postos con diferentes ofertas artesanais: roupa, xoguetes tradicionais de madeira, fragrancias, soprado de vidro, doces, polbo a feira entre outras moitas ofertas é o que o visitante pode atoparse neste mercado. Os xogos tradicionais, a noria, o barco, e a música amenizaran as catro xornadas que dura o evento.
Ata o domingo estará aberto de 11:00h a 22:00h.