Malpica comeza a facer reparto de auga polas parroquias ante os problemas ca traída

08:35 15/08/22
O pasado sábado pola tarde, o Concello de Malpica detectaba niveles demasiado altos de trihalometanos na auga da traída. Dende o Concello comezou un operativo para levar auga embotellada por todo o territorio municipal, ademais de investigar a fonte de contaminación e buscar unha solución.
Mentres non se consegue, Protección Civil comezará hoxe luns co reparto de agua polas parroquias nos seguintes lugares e horas:
- 10.00h a 11.00h Seaia.
- 11.00h ás 12.00 Barizo
- 12.00h ás 13.00h Campo da Festa de Mens.
- 10.00h ás 11.00h Campo da Festa de Cerqueda
- 11.00h ás 12.00h Nas escolas unitarias de Beo e xunto a igrexa en Santirso.
- 12.00h ás 13.00h Casa dos Veciños en Leiloio.
- 16.00h ás 17.00h Campo da festa en cambre xunto a igrexa.