350 comprometidos camiñantes na Andaina Solidaria contra o Cancro de Malpica
Espectacular resposta da veciñanza de Malpica para a andaina solidaria “En marcha contra o cancro”. 350 persoas uníronse á cita organizada pola Asociación Española contra o Cancro e o Concello malpicán.
Ataviados coas camisolas verdes e o ano reivindicativo, disfrutaron dunha fermosa camiñada polos tesouros malpicáns duns 5 km, que partiu, ás 10:30 horas, da Fonte de Villar Amigo e logo pasando por San Antonio, Castelo Seixas, Ardeleiro, Lapachan, e remataron de novo na Fonte de Villar Amigo.
A xornalista malpicá Selina Otero, recordando que da venta de camisetas, chaquetas e bolsas na xornada de onte recadáronse 600 euros. Unha contía que xunto coa das inscricións e a da venta das chapas irá destinada ás actividades da asociación e á investigación.
O Concello tamén doou 200 chapas artesáns realizadas polo oleiro Antonio Pereira “O rulo”. Uns accesorios elaborados en barro e nos que o lazo verde distintivo está pintado a man serán vendidos por 10 euros pola asociación, quen recadara integramente o importe das ventas que realice. Unha achega que a presidenta da entidade Carmen Teresa Blanco agradeceu do mesmo xeito que destacou “a implicación e compromiso mostrado por todo o Concello e representado polo alcalde, Eduardo Parga, as concelleira Noeila Freijeiro e Marisol, así como os voluntarios de Protección Civil, e todas as persoas que colaboraron para que todo saíra ben, especialmente á técnica de deportes, María Bardanca. Sen todos eles non sería posible a realización de esta andaina”.