![Presentacion dos cursos de ximnasia terapeutica de Malpica]()
O concelleiro Iago Espasandín acudiu á presentación dos cursos de ximnasia terapéutica de Malpica
Máis de cincuenta persoas, na maioría mulleres, participan nas actividades deportivas para adultos organizadas polo Concello de Malpica para este curso. A Casa do Oleiro está chea de vida nas tardes do inverno, máis que nunca tendo en conta que as aulas postas en marcha son as de ximnasia terapéutica e zumba. Un xeito, sen dúbida, de facer actividade física, para manter unha vida sa.
Esta semana tamén comezou o curso de zumba, que constará de dúas sesións semanais (martes e xoves, a partir das 15.15 horas) no Centro Cívico de Malpica. Nesta actividade hai 24 persoas inscritas, todas elas mulleres.
Inscricións
En calquera das dúas actividades, as persoas que aínda estean interesadas en participar poden informarse no Departamento de Deportes ou no teléfono 981 720 001.
Tenis e máis físico
Así mesmo, segue aberto o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Tenis, dirixida tanto a nen@s coma a adult@s, aínda que se requirirá un mínimo de participantes para que se poña en marcha. As sesións de adestramento, dirixidas polo Club de Tenis Punta Salera, da Pobra do Caramiñal, desenvolveranse os domingos no polideportivo.
Ademais, ata o día 23 está aberto o prazo de inscrición para as actividades que integran a oferta da Escola Municipal de Educación Física (EMEF). Os pais e nais dos nenos e nenas interesados poden informarse no Departamento de Deportes (de 09.00 a 14.00 horas), nos colexios, a través do número de teléfono 981 720 001 ou do correo electrónico pablo.lista@malpica.dicoruna.es.
Fonte