A alma dun topónimo con sino de naufraxio


"Todos os nomes de lugar (topo-nimos) teñen un “por que”, unha historia detrás, unha xente que os bautizou polo motivo que fose". Así comparte con nós Adrián Abella unha fermosa historia que nace no mar, unha nova historia de naufraxios, moi a conto nestes días. E chega ás nosas mans, á espera da súa "Biografía das Sisargas", gracias ao relato de El Pescador 56.
Falamos da historia do "Magnánimo", buque afundido a finais do século XVIII nas rochas das Illas Sisargas. Un naufraxio que tiña lugar ademias no medio dunha persecución a un cúter francés polo litorial costeiro rumbo ao Cantábrico.
Se ben podedes coñecer a historia do Magnánimo da man de El Pescador 56 e mesmo pola propia Armada Española, hoxe queremos facer ficanpé nun curioso, pero clásico feito. I é que para a posteridade queda o topónimo no que supostamente o buque. Pero un topónimo algo modificado: O illote Manánimo, e mesmo un "Mamánima" que ten aparecido nalgún mapa da Deputación ou da Xunta para promoción turística realizado sen demasiada atención....

Por se fóra pouco, deste episodio, xa dicimos, acontecido no 1794, quédanos outro topónimo máis: Os Baixos do Corvo, polo quase-nauraxo do bergantín Cuervo, que chegou con outros barco en axuda do navíó.
Un bo xeito de crear cultura patrimonial.
Máis información
Novas relacionadas
- Violíns nocturnos para homenaxear o naufraxio do Serpent.
- Costa da Morte, marco perfecto para o Necroturismo.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).