Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Cerámica de Buño exponse en Madrid a través da Fundación Torre-Pujales

A Cerámica de Buño exponse en Madrid a través da Fundación Torre-Pujales

A Fundación Torre-Pujales Museo de Arte Contemporánea, Costa da Morte, con sede en Corme, organizou en Madrid, unha mostra exposición, conxuntamente co taller de oleiría Mindiringuín, de Buño, onde estiveron traballando artistas bolseiros pola Fundación, no proxecto de creación de novas liñas de cerámica.

Na mostra poderanse ver pezas tradicionais da cerámica de Buño, pezas características do seu taller, e outras propostas innovadoras, que seguen os patróns creados polas artistas Mª José Bagazgoitia, Carlota Cuesta, e Jesusa Quirós. A exposición poderase ver desde o 30 de xuño até o 3 de xullo, así como no mes de agosto, coincidindo coas festas da Virxe da Paloma, patroa castiza de Madrid, e do barrio onde está a sede expositiva da Asociación Cultural Yemaya.

O taller de oleiría Mindiriguín leva tres anos colaborando co Museo de Corme e xapresentou pezas únicas de autor, na Feira de Oleiría tradicional da Comarca de Bergantiños, en Buño (Malpica), no ano 2010, e na exposición que a escultora Paz Santos realizou na preinauguración do Museo de Corme.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios