Venres. 29.03.2024
El tiempo

Buño xa prepara o barro

Buño xa prepara o barro
A pasada semana tiña lugar a primeira xuntanza da Comisión Organizadora da Mostra da Olería de Buño de cara ao 2011. Nela acordáronse as datas para a realización da 28ª edición da mesma. Así, a XXVIII Mostra da Olería celebrarase do 5 ó 15 de agosto de 2011, como vén sendo habitual na Casa do Oleiro, A Camposa - Buño (Malpica) en horario de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h todos os días.

Avance do programa XXVIII Mostra de Olería

Exposicións fixas

Planta baixa: Exposición "Os Nosos Oleiros" - Obradoiro de barro para nenos, tódolos días de 17:00h a 20:00h.
  • 1º Andar: Exposición “Oleiros de Buño” - Exposición de carteis de tódalas Mostras.
  • Carpa: Stands de venda dos olerios - Exhibicións dun oleiro no torno, tódolos días de 12:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
  • Centro Comarcal: Centro de documentación O Alfar - Colección Luciano García Alén. Olería tradicional de Galicia.
  • Ecomuseo do Forno do Forte: Horario de apertura de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.
  • Actividades

    • 5 de agosto de 2011: Xornada inaugural. VII Encontros de música e danza tradicional.
    • 12 de agosto 2011: Olería e tradición. Cocedura tradicional. Carga do forno e festa da carroa no Forno do Forte.
    • 15 de agosto de 2011: Sorteo de pezas e clausura da Mostra.

    Novas relacionadas

    Fonte

    Comentarios