Venres. 19.04.2024
El tiempo

Buño forma oleiros novos

Buño forma oleiros novos
A olería ten futuro en Buño. Así o certicoou o Alcalde do Concello de Malpica de Bergantiños, que levou a cabo a entrega de Diplomas do Curso Oficial de Oleiro-Ceramista homologado pola Consellería de Traballo e Benestar. O acto tivo lugar na Casa do Oleiro de Buño, lugar na que os alumnos realizaron a parte teórica e practica do curso. Este curso ten unha duración de 795 horas, na que os alumnos/as levaron a cabo diversas unidades de competencia:
  • Definir solucións construtivas de olería e cerámica.
  • Modelar obxectos cerámicos.
  • Confeccionar Moldes e Elaborar obxectos cerámicos mediante moldes.
  • Decorar pezas a través de diversas técnicas.
  • Cocción de pezas cerámicas.
O curso empezou o día 14 de xuño e terminou o día 22 de novembro de 2010, relizando a maiores do curso 40 horas de prácticas no taller do profesor José Antonio Añón Lista (Alfareria Lista). O número de alumnos que ao final acreditaron o Diploma é de 12 alumnos, que completaron todas as unidades de competencia e foron declarados aptos para esta especialidade. Ademais o Concello vai tramitarlles a expedición do certificado de profesionalidade de oleiro-ceramista e tramitará ante o departamento de artesanía da Xunta de Galicia a expedición da carta de artesán aos alumnos máis avantaxados e que queiran continuar no apaixonante mundo da olería.

Novo curso para o ano que vén

O Alcalde tamén lles comunicou que o Concello de Malpica, en vista do éxito, ten solicitado novamente para este ano 2011 o curso de Oleiro-Ceramista, esperando que a consellería de Traballo conceda ao concello de Malpica un curso de olería que permita continuar a tradición artesá oleira da localidade de Buño.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios