mércores. 04.12.2024
El tiempo

A Croa do Castro, unha visita monumental para a Semana Santa

A Croa do Castro, unha visita monumental para a Semana Santa
Croa do Castro de Cerqueda en marzo 18 Así está a día de hoxe a Croa do Castro de Cerqueda

Outra das posibles citas co patrimonio nesta Semana Santa pode darse en Malpica. Ademais de pasar por Buño a mercar algún produto da artesanía centenaria oleira, de dar un paseo polos Muíños de Ardeleiro ou de coñecer o Dolmen da Pedra da Arca de Folgueira, Malpica amplía a súa oferta cultural co proxecto de arqueoloxía social da acrópole Croa do Castro.

O lugar da parroquia de Cerqueda acaba de ser rasurado, polo que ten unha visita máis que interesante. Malia non ser un castro escavado, si que se poden obervar as estruturas defensivas ou a entrada orixinal. Ademais os promontorios deixan clara a monumentalidade do lugar, e incitan a viaxara no tempo e imaxinar como vivían os antigos castrexos.

https://www.facebook.com/622096534603235/videos/1376713709141510/?t=1

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios