A Deputación destaca o potencial económico e turístico da olería de Buño

O presidente da Deputación e o alcalde de Malpica analizaron as distintas vías de colaboración entre as institucións que dirixen Co fin de analizar as distintas liñas de colaboración e as posibilidades de futuro da artesanía de Buño reuníronse onte o presidente da Deputación da Coruña -Valentín González Formoso - e o alcalde de Malpica - Eduardo Parga Veiga-. Na xuntanza, Formoso destacou a especial relevancia da olaría de Buño non só como recurso cultural e turístico senón tamén produtivo, como ámbito de creación de emprego e riqueza para a comarca e confirmou a continuidade do apoio para o seu desenvolvemento. O alcalde de Malpica destacou, pola súa parte, a relevancia da Mostra de Olaría de Buño que, segundo sinalou, converteuse xa nunha cita de especial atractivo turístico e cultural que se desenvolve no Ecomuseo de Buño - xestionado polo concello -  con iniciativas como a cocedura das pezas ou a creación ao vivo na primeira quincena de agosto. Dende finais do 2015, o concello de Malpica de Bergantiños xestiona integramente o ecomuseo do Forno de Forte de Buño, adquirido e rehabilitado pola Deputación da Coruña como centro dedicado á tradición oleira da comarca. O ecomuseo do Forno do Forte de Buño conserva os elementos arquitectónicos propios dunha casa dedicada á alfarería ademais de recuperar a mostrar a historia das distintas formas que se asentaron na olería da comarca.

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica