A Deputación destaca o potencial económico e turístico da olería de Buño
08:06 03/06/16
O presidente da Deputación e o alcalde de Malpica analizaron as distintas vías de colaboración entre as institucións que dirixen
Co fin de analizar as distintas liñas de colaboración e as posibilidades de futuro da artesanía de Buño reuníronse onte o presidente da Deputación da Coruña -Valentín González Formoso - e o alcalde de Malpica - Eduardo Parga Veiga-. Na xuntanza, Formoso destacou a especial relevancia da olaría de Buño non só como recurso cultural e turístico senón tamén produtivo, como ámbito de creación de emprego e riqueza para a comarca e confirmou a continuidade do apoio para o seu desenvolvemento.
O alcalde de Malpica destacou, pola súa parte, a relevancia da Mostra de Olaría de Buño que, segundo sinalou, converteuse xa nunha cita de especial atractivo turístico e cultural que se desenvolve no Ecomuseo de Buño - xestionado polo concello - con iniciativas como a cocedura das pezas ou a creación ao vivo na primeira quincena de agosto.
Dende finais do 2015, o concello de Malpica de Bergantiños xestiona integramente o ecomuseo do Forno de Forte de Buño, adquirido e rehabilitado pola Deputación da Coruña como centro dedicado á tradición oleira da comarca. O ecomuseo do Forno do Forte de Buño conserva os elementos arquitectónicos propios dunha casa dedicada á alfarería ademais de recuperar a mostrar a historia das distintas formas que se asentaron na olería da comarca.
Novas relacionadas
- Diplomas, merenda e unha exposición despediron o Pequeoleiros
- O Pequeoleiros chega á súa fin
- Os escolares de Buño toman contacto coa olería
- A deputación cede ao concello de Malpica a xestión do Ecomuseo de Buño
- Os oleiros levantan a Mostra de Olería de Buño
- Buño recuperará o Forno da Costa.
- Os Oleiros de Buño, no Congreso Internacional de Turismo de Ferrol.
- Os Oleiros asumen a organización da Mostra de Olería de Buño.
- O edificio do Centro Comarcal de Bergantiños volve a mans do Concello.
- A Mostra da Olería de Buño quere voltar ao Centro Comarcal.
- Os oleiros multiplícanse por Malpica.
- De obsequio institucional da Deputación, unha peza de Buño.
- Un oleiro en perigo de extinción.
Últimas Mostras
- 2013: Unha longa semana de olería para celebrar 30 anos de Mostra.
- 2012: O turismo mantén viva a Mostra de Olería de Buño.
- Mostra 2010: Unha Mostra de relevo.
- Mostra 2008: Unha semana enteira de barro en Buño.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica