Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha longa semana de olería para celebrar 30 anos de Mostra

Unha longa semana de olería para celebrar 30 anos de Mostra
Arrincou a Mostra de Oleria de Buno 2013

17 talleres vivos e 9 tendas abertas representan a importancia social, cultural, etnográfica e, pos suposto económica, que a Olería representa en Buño. A pequena vila malpicá tece un cordón umbilical cos artesáns, que a convirten durante 10 días de agosto, dende hai xa 30 anos, na capital da artesanía galega.
A olería é lume, terra e auga. Os Barreiros, os alfares, os fornos comunales, as tendas de barro... describe Adrián Abella, dando conta de que o barro é un dos tesouros de Malpica.

Xa comezou a XXX Mostra de Olería de Buño cun completo programa de exposicións de 15 artesáns, 10 stands de venda, talleres de barro e olería, música... e sobre todo, demostracións de torno en vivo, pois cómpre recordar que son os artensáns os verdadeiros protagonistas desta Festa Galega de Interese Turístico.

A Buño acodiron, para celebrar o seu 30 aniversario, todas as personalidades. Xunta, Deputación, Concello en pleno... non pararon de sacarse fotos cos artesáns. O presidente da Deputación, Diego Calvo, apuntaba con fachenda que "todos os que visitan a deputación levan consigo un anaco da mellor artesanía da que é capaz esta provincia, unha peza de Buño", en alusión ao obsequio institicional de olería de Buño que outorga a entidade provincial. E Calvo falou en clave económica, e insistiu en que mantén a súa “teima” coa Olería de Buño polo compromiso da Deputación da Coruña “de estar cos emprendedores”. Unha Deputación que aporta o 80% do orzamento total das actividades.

Tamén estivo o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e falou de "impulso ao sector artesán como factor dinamizador da economía dos lugares nos que se desenvolve". Conde trouxo boas novas e anunciou a Olería de Buño estará presentes por primeira vez no próximo encontro Formex, en Estocolmo, no que participarán tres artesáns de Buño o vindeiro 15 de agosto e no de Tent, Londres, que terá lugar en setembro.
A Xunta destaca a importancia de seguir “xerando valor ao redor da marca Artesanía de Galicia”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios