Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Oleiros asumen a organización da Mostra de Olería de Buño

Os Oleiros asumen a organización da Mostra de Olería de Buño
As demostracions en vivo son unha das actividades mais seguidas da Mostra de Oleria de Bunho

O Concello de Malpica de Bergantiños non estará este ano á fronte da organización da Mostra da Olería de Buño. Nun escrito remitido ao concelleiro de Turismo e delegado da Mostra, Alfredo Cañizo, a presidenta da Asociación Oleira de Buño, Carmen Isabel Labrador, comunícalle “a decisión irrevogable” de organizar a feira artesanal directamente dende a entidade, segundo o acordo adoptado polos seus socios.

A Asociación Oleira de Buño realizou a aclaración por escrito, a petición do propio concelleiro, coa finalidade de que o Concello de Malpica “poida adoptar diversos trámites con outras Administracións Públicas coas que tiña realizado xesións para organizar a Mostra da Olería de Buño”, segundo expón textualmente.

E se ben o Concello continuará colaborando, a Mostra da Olería, que este ano se celebra do 1 ao 10 de agosto, será máis artesá que nunca.

Novas relacionadas

Comentarios