luns. 12.05.2025
El tiempo

A Festa Galega de Malpica tamén se viste de medievo

A Festa Galega de Malpica tamén se viste de medievo

Xa falamos da perigosa febre medieval que padece a Costa da Morte nos últimos anos. Corcubión, Camariñas, Muxía, Muros, e ata Fisterra celebran eventos históricos, aos que haberá que comezar a sumarlle Malpica. I é que este xoves 15 de agosto, sóplalle aires medievais á Festa Galega para artellar outra Feira medieval Mariñeira.

Un programa completo, con moitas actividades de rúa e o concerto de Luar na Lubre como unha das citas máis salientables. Repasamos o programa desta VI Festa Galega, que ademais serve para preparar forzas para as grandes Festas do Mar de Malpica.

Xoves 15 de agosto

  • 17:00 h. Feira medieval Mariñeira.
  • 20:30 h.Na Praza Anselmo Villar Amigo, exhibición de danza e música tradicional a cargo da agrupación folclórica cantigas e agarimos.

Venres 16 de agosto

    10:00 h.Feira medieval mariñeira
  • 21:30 h.Actuación da coral de Malpica, na Praza Anselmo Villa Amigo
  • 22:00 h.Exhibición de danza e música tradicional X Aniversario da A.C. Malante
  • 23:45 h.Fol de Veneno

Sábado 17 de agosto

  • 10:00 h.Feira Medieval Mariñeira
  • 11:30 h.Pasarrúas cos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas
  • 13:00 h.Sadiñada e Cachelada
  • 19:15 h.III Desfile de bandas de gaitas da A.C. Malante (Sairán do Centro Cívico de Malpica) Banda de Gaitas Abelladeira (Ponferrada), Banda de Gaitas de Ortigueira, Banda de Gaitas de Maruxía (Laxe) e Banda de Gaitas A.C. Malante (Malpica)
  • 22:30 h.Media Ducia
  • 00:15 h.Luar na Lubre
  • 02:00 h.Tonhito de Poi e Banda

Domingo 18 de agosto

  • 10:00 h.Feira Medieval Mariñeira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios