sábado. 03.05.2025
El tiempo

A Mesa recolle sinaturas bergantiñás para a ILP sobre a igualdade do galego nas relacións comerciais

A Mesa recolle sinaturas bergantiñás para a ILP sobre a igualdade do galego nas relacións comerciais
Mesa pola Normalizacion de Bergantinos

Ata Carballo levou a Mesa pola Normalización Lingüística a súa campaña da Iniciativa Lexislativa Popular, que busca a igualdade do galego nas relacións comerciais. A ILP foi presentada o pasado sábado ante a AVV Campo da Feira, de Paiosaco (A Laracha), onde recibiu o seu apoio, e tamén tivo unha excelente acollida en Carballo .

A Mesa pola pretende que, con esta ILP, "desaparezan as situacións de chantaxe e discriminación nas que se obriga, en moitos casos, a deixar de falar galego para recibir servizos ou na atención". A entidade en defensa a lingua continuará a buscar apoios para o recoñecemento pleno do dereito á atención en galego, isto é: “a recibir información en galego, a dispór de contratos e formularios en galego, a respectar os topónimos oficiais, e á atención en galego”.

Máis saídas

Esta semana voltará saír á rúa na procura de máis apoios en distintos puntos de Bergantiños:

  • Cuarta feira (mércores), día 12, na praza O Recreo, da Laracha (zona do Instituto) en horario de 17 a 19h.
  • Quinta feira (xoves), día 13, no paseo marítimo de Malpica, de 17 a 19h.
  • Domingo, día 16, na feira de Paiosaco, de 11 a 13;30h.
Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • A Mesa

Comentarios