A regueifa e a música animaron a terceira edición da Fest’Arxa en Cerqueda

Tras ver, mesmo en vídeo a Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo espallando a regueifa bergantiñá por Chantada, marchamos cara Malpica. Os regueifeiros Suso e Antonio de Xornes e o dúo Lembranza foron os encargados de animar a velada gastronómica que baixo o nome de Fest’Arxa, este ano acadou a súa terceira edición, organiza cada último sábado de xuño a Asociación de Veciños Monte d’Arxa na parroquia malpicá de Cerqueda. O obxectivo desta celebración é promover as relacións veciñais, ás que tamén acode público de fóra da parroquia, e á súa vez rescatar elementos da identidade galega como a manifestación da regueifa. Os regueifeiros fixeron un repaso á actualidade política e social tanto do territorio español como municipal galego. Tampouco os cociñeiros da festa así como as camareiras que se dispoñían a servir café escaparon ás súas coplas humorísticas.
Á celebracion, que este ano cambiou o seu emprazamento para o Campo da Festa, acudiron unhas 300 persoas que se resgadaron da calor do sábado de San Xoán baixo as tres carpas propiedade deste colectivo. Quen tampouco quixo perderse esta festa veciñal foi o novo Alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, quen acompañado de Miguel Torrado pasou gran parte da noite compartindo esta velada.

Na III Fest’Arxa colaboraron ou participaron co seu patrocinio a Deputación Provincial da Coruña, a Asociación ORAL, o Concello de Malpica de Bergantiños e a Asociación Cabalar Os Veteranos.
Novas relacionadas
- Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo expallan a regueifa bergantiñá por Chantada.
- A “Polafía”, unha auténtica viaxe en vídeo pola tradición de Cerqueda.
- Os Muíños de Caldebarcos volven sentirse vivos.
- Cabana homenaxea ao regueifeiro Fermín Calvo no Salón Social de Silvarredonda .
- A regueifa reconquista Cerqueda e toma a rede .
- A bitácora da semana (LXXI): A regueifa en Cerqueda .
- Cerqueda e o Couto celebraron a gran festa da lingua retranqueira .
Fonte
- Información e foto da A. Monte D'Arxa, da man de Xosé Manuel Varela.