Martes. 14.05.2024
El tiempo

A Xunta mellorará as zonas comerciais de Ponteceso e Malpica

A Xunta mellorará as zonas comerciais de Ponteceso e Malpica
A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia dotará de subvencións aos concellos de Malpica e Ponteceso para contribuir á modernización das zonas comerciais de ditos municipios. Estas accións están enmarcadas dentro do Plan Ágora – Agora ReComercia, coa intención de favorecer o crecemento e a xeración de emprego. As axudas deixarán na Costa case 144.000 euros. Na bisbarra de Bergantiños, o 75 por cento dos concellos que solicitaron subvencións contarán con elas. Haberá investimentos que irán dende o equipamentos das rúas ata a dinamización de zonas urbanizadas. A Xunta concederá 63.464 euros para a mellora da Rúa da Praia, en Malpica, e 44.437 euros para a urbanización do Campo da Feira da Trabe de Ponteceso. Dende a Xunta apuntan que o seu obxectivo, coa aportación destas contías económicas, é o de mellorar as zonas de actividade comercial das vilas, prestando especial atenció aos centros comerciais abertos, as prazas de abastos e os mercados tradicionais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios