![porto-malpica]()
O ente público Portos de Galicia vai executar unha reforma en profundidade da comporta da dársena interior de Malpica, coa intención de
reforzar a seguridade das embarcacións que atracan na zona. A institución que preside José Juan Durán investirá 58.000 euros na reparación da comporta para protexer aos barcos ante os temporais invernais, e tamén na sinalización das zonas de atraque.
A comporta metálica, de dúas follas, actúa como peche da dársena ante a entrada de ondaxe durante os temporais. A acción destes tiña deteriorado o seu estado, impedindo o peche hermético. Ante esta situación, Portos de Galicia reparará a súa estrutura de xeito que devolva a total operatividade á instalación.
A actuación, que se prevé que se desenvolva ao longo das próximas semanas, inclúe a desmontaxe de ambas follas da comporta, o seu lavado, reparacións metálicas e instalación de novos soportes. Asemade, no tocante á sinalización dos atraques procederase á limpeza das zonas delimitadas, para eliminar materiais soltos e posibles restos de graxas ou aceites. Despois do lavado, repintarase a zona, devolvendoa á normalidade cunha mellor ordenación do porto.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.