Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP de Ponteceso coida que García Carballido só busca titulares na prensa

O PP de Ponteceso coida que García Carballido só busca titulares na prensa
Onte recibiamos unhas declaracións dos socialistas de Ponteceso nas que criticaban o camiño do Concello en canto ao eido da economía. Pois ben, os conservadores non tardaron en respostar ás verbas progresistas. Dende o PP de Ponteceso consideraron que o voceiro do PSOE, Lois García Carballido, está “obsesionado por saír nos medios buscando titulares absurdos e sen fundamento”. Os populares respostaron ás acusacións de García Carballido, que dixo que no Concello se agochaban facturas para ocultar o déficit, explicando que todos os proveedores do Concello rexistran as facturas no Rexistro Municipal e levan con eles unha copia da factura rexistrada. O equipo de goberno de Ponteceso considerou a actitude de Lois García Carballido como “irresponsable” e recomendaron ao voceiro dos progresistas que “adique máis tempo a estudar o funcionamento do Concello, institución á que representa e descoñece”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Ponteceso.

Comentarios