Xoves. 29.10.2020
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Malpica

Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Malpica

Ata o 28 de setembro está aberto o prazo de inscrición (a través do número 981 720 001) para as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Malpica. Unhas actividades que comezarán o 5 de outubro, entre as que destacan zumba, o programa ‘Ponte en Forma’, pilates e ximnasia terapéutica.

Para o desenvolvemento destas actividades, contarase cun protocolo sanitario para o correcto desempeño das mesmas. Haberá unha solución hidroalcólica a disposición dos usuarios e habilitaranse os espazos para poder respectar as medidas de distanciamento social.

comentarios