Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Afaber visibiliza o alzhéimer cun curso en Malpica

Afaber visibiliza o alzhéimer cun curso en Malpica
curso-afaber-malpica O alcalde de Malpica e a concelleira de Servizos Sociais acompañaron onte aos participantes do curso "Coidándose para coidar mellor" "Coidándose para coidar mellor" foi o nome do curso que rematou onte en Malpica e que tiña como propósito proporcionar a coidadores/as e familiares a asistencia psicoterapéutica necesaria para o correcto desempeño das súas funcións. A iniciativa, posta en marcha por Afaber Alzheime Bergantiños, contou co apoio do concello malpicán e precisamente o alcalde, Eduardo Parga Veiga, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorin, acompañaron onte aos participantes no curso. Por outra banda, o concello de Malpica vén de dar a coñecer os distintos tallerres de manualidades que se desnvolverán nos próximos meses e que estarán dirixidos especialmente á terceira idade e a persoas con diversidade funcional. Realizaranse no centro cívico de Malpica e na casa do Oleiro de Buño a partir do 5 de outubro e en todos as prazas son limitadas. Os/as interesados/as en participar poden informarse e anotarse no departamento de servizos sociais do concello ou a través do número de teléfono 981 720 280. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/malpica-e-afaber-conmemoran-a-semana-do-alzheimer-cun-curso-e-unha-mesa-informativa/ Fonte  

Comentarios