Aloumiños e ASPABER reflexionan en Malpica sobre a educación familiar para a diversidae
08:04 19/04/17
Acolle Malpica a última estación do programa que vén desenvolvendo a asociación Aloumiños dende o mes de novembro do ano pasado en diferentes municipios da Costa da Morte, e que será clausurado o vindeiro 12 de maio en Carballo. Este venres 21, ás 19 horas, no marco do Programa de educación familiar e socialización para a diversidade, estará no Centro Cívico a directora do centro Aspaber de Carballo, Dolores Fernández, que falará sobre “Unha viaxe inesperada e un mundo a descubrir cheo de capacidades” nun acto aberto a todos os veciños e veciñas.
“Desde Aloumiños cremos que a información e o coñecemento é fundamental para que as familias poidan acometer as diferentes afectacións do xeito máis adecuado posible, se ademais a todo isto lle sumamos profesionais dun altísimo nivel e recoñecemento, fan deste programa un reto para todos os membros da nosa entidade”, explica a asociación.
6 soccoristas para o verán
Xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases para a contratación de 6 socorristas durante a temporada de verán na praia de Area Maior. Os/as candidatos/as deben ter cumpridos os 18 anos, reunir todos os requisitos legais para desempeñar un posto público e estar inscritos/as no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia (sección espazos acuáticos naturais).Novas relacionadas
- As actividades asistidas con animais chegan aos colexios da Costa da Morte con Aloumiños e Cadelar.
- Cadelar: “É incrible ver cómo lles cambia a cara cando ven entrar a Nuba e o que disfrutan traballando con ela”.
- Aprendendo a naturalizar a diversidade dende a escola.
- A Costa da Morte, referente educativo na diversidade.