Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Andaina Solidaria e Patinaxe para a fin de semana malpicá

Patinaxe e Andaina Solidaria en Malpica
Andaina Solidaria e Patinaxe para a fin de semana malpicá

Fin de semana activa para a veciñanza de Malpica. O Pavillón do Concello será, este sábado 23, a sede da primeira fase de niveis de patinaxe artística do 4 ao 10 Coruña Norte. Un encontro deportivo organizado polo Club Patín Velúa coa colaboración activa do Concello de Malpica de Bergantiños.

A competición comezará este sábado coa participación dos clubs Patiart, As Pontes, Oleiros, Maxia, Conxuro, Escola Lubians, Inercia e Lenda.
Pola tarde participarán deportistas dos clubs Buxaina, Alquimia, Costa da Morte, Aura, Compañía de María, Axel e Velúa.

 

Andaina solidaria

Ademais, o domingo tamén hai actividade. Da man da Asociación Española contra o Cancro, o Concello organiza a andaina solidaria “En marcha contra o cancro”. Unha acción conxunta e solidaria para a que está aberto o prazo de inscrición e que partirá ás 10.30 horas da Fonte de Villar Amigo para logo realizar o percorrido entre San Antonio, Castelo Seixas, Ardeleiro, Lapachan, e rematar onde comeza, na Fonte De Villar Amigo. Unha convocatoria aberta para todas as idades, na que os nenos e nenas de ata 12 anos pagarán 3 euros e os maiores 5 euros. Ademais, unha vez formalizada a inscrición, os participantes recibirán unha pañoleta.

As persoas interesadas en participar e colaborar con esta causa poderán apuntarse a través da seguinte ligazón RockTheSport ou nos seguintes puntos presenciais:

  • Leiloio: Ma Carmen do Vilar.
  • Buño: Casa de Lexi do Correo.
  • Cambre: Rosa María.
  • Cerqueda: U.D. Cerqueda.
  • Malpica: Jofra- Peluquería Ana Ures e Peluquería Cristal.

Ademais poden contactar telefonicamente co Concello no 981.720.001; con Carmen Teresa no 625.117.730; con Ma José Veiga no 628.094.299, e con Ma José Prieto no 686983670.

Comentarios