Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Antonio Fernández ilumina o Centro Cívico de Malpica

Antonio Varela ExposiciónTrece luces_6 copia
Antonio Varela cos seus destellos
Antonio Fernández ilumina o Centro Cívico de Malpica

A exposición “Trece luces na nosa costa” de Antonio Fernández xa se pode visitar no Centro Cívico de Malpica logo da inauguración celebrada esta fin de semana. O alcalde Eduardo Parga, o propio artista e Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación de A Coruña, debullaron esta singular exposición xunto con Xosé Manuel Varela, destacando a técnica do “destello” como elemento singular da mostra.

“Antonio ten a capacidade de mostrarnos realidades que están ocultas”, sinalaban os asistentes, mentres disfrutaban das historias que contan as fotos deste mestre xubilado que conta no seu haber con seis premios de diferentes certames.

A inauguración pechouse coa música de Miguel Anxo Calvo, O ́Mighelo co seu acordeón.

A mostra fotográfica poderase visitar ata o vindeiro 10 de decembro no Centro Cívico de Malpica de luns a venres en horario de 10.00 a 13.30 horas e de 15.30 a 20.00 horas.

Exposición Trece luces en MalpicaExposiciónTrece luces_8 copia

Comentarios