Arrinca a XIII Mostra de Teatro de Malpica

08:37 23/10/17

Este luns dá comezo a XIII edición da Mostra de Teatro de Malpica. Do 23 de outubro ao 1 de decembro, o auditorio do Centro Cívico Malpicán acollerá 9 fantásticas citas co mellor teatro galego.
Con entrada de balde e libre ata completar aforo, teremos a ocasión de disfrutar dos venres de aquí a comezos de decembro, ademais de varias citas esta semana.
Fonte
- Concello de Malpica.