Venres. 10.05.2024
El tiempo

Arrincaron as obras provinciais na DP-4307 ao seu paso por varias parroquias de Malpica

Obras en Barizo
Arrincaron as obras provinciais na DP-4307 ao seu paso por varias parroquias de Malpica

Arrincaron as obras de mellora na estrada DP-4307, na zona de Beo, no cruce de Esteiro (Barizo) e tamén nos tramos da Feira Nova a Choupana e outro na Raxeira (A Tremoa). Obras provintes do POS+ da Deputación que consisten na pavimentación con aglomerado en quente e limpeza de cunetas, o que mellorará a seguridade viaria de vehículos e peón.

Nese sentido, é o PSOE local o que quere agradecer o compromiso da Deputación, e o portavoz do PSOE de Malpica, Walter Pardo, que visitou a zona das obras e destacou “o papel da Deputación cos concellos pequenos, investindo en obras e incrementando outras partidas como a de servizos sociais nestes tempos tan complicados pola pandemia”.

Comentarios