sábado. 26.04.2025
El tiempo

As Anpas Galegas inician unha campaña de reivindicación por unha correcta atención educativa para os alumnos enfermos

As Anpas Galegas inician unha campaña de reivindicación por unha correcta atención educativa para os alumnos enfermos
Campana por unhaa tencion domiciliaria O pequeno malpicán Hadrián é a imaxe da campaña das Anpas Galegas por unha atención educativa domiciliaria decente A confederación Anpas Galegas acaba de poñer en marcha unha campaña de concienciación e reivindicación, dirixida á procura dunha correcta atención hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade. Este é un problema no que comezou a traballar hai xa máis dunha década a Federación Olívica de ANPAs, FOANPAS, membro fundador desta Confederación, e que deu lugar a unha normativa que no seu momento fora unha gran conquista social. Porén estes últimos anos de recortes contra o ensino público tamén se levaron por diante moito do conseguido neste eido, e sobre todo arrasaron co máis importante: a conciencia da sociedade de que este era un dereito que podía e debía esixir, con e sen crise. Para isto foi necesaria a afouteza dalgunhas familias que decidiron pedir en público o ensino durante a enfermidade. "O panorama que temos actualmente é desolador, a normativa que temos non é creadora de dereitos obxectivos, non marca horarios nin establece procedementos; parte da base de que a situación é excepcional e trátaa dende ese punto de vista; o problema é que non é excepcional, a enfermidade é unha circunstancia na vida dos afectados, pero na vida social é unha realidade que se repite sistematicamente, e que debe ter establecidas solucións sistemáticas ás que poder acollerse dun xeito automático", sinalan dende a confederación de Anpas Galegas. Redes sociais De xeito paralelo, Nieves Villar (a nai de Hadrián) de Malpica inicia a campaña por unha lei galega de educación domiciliaria para nenos enfermos de longa duración que se está difundindo, principalmente, a través das redes sociais. En pouco máis de 12 horas, unhas 2.500 persoas firmaran a petición en www.change.org. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Confederación de Anpas Galegas

Comentarios