As obras de reforzo do muro do porto de Malpica non estarán rematadas ata o verán
Foi grave o afundimento do muro onde estaba a Lonxa Vella de Malpica. O talud do muro da zona norte do porto veuse abaixo, afortunadamente sen danos persoais, pero a obra que está a levar a cabo Portos de Galicia é importante. De feito, supón un investimento total de 450.000 euros e non vai estar rematada ao longo deste verán.
O que non vemos na nota de Portos de Galicia son as razóns do afundimento, cando parece evidente que o derrubo da lonxa vella foi clave para o desplome do talud.
As obras
Por agora só se levaron adiante os traballos iniciais de retirada de elementos inestables e protección fronte á remota posibilidade de novas caídas. Os traballos de emerxencia consistiron na estabilización do talud natural nunha superficie duns 250 metros cadrados aproximadamente, a perforación para a colocación de bulóns ata unha profundidade de doce metros na líña superior, a colocación da malla e o remate final. Non obstante será necesario seguir actuando neste tramo para poder recuperar o paso superior e o saneamento.
Na zona contigua procedeuse a mellorar a estabilidade do muro e colocar material ao pé deste para poder traballar na zona superior sen que se produza un novo derrubo. O conxunto da actuación, incluíndo a zona do derrubo e as zonas adxacentes, execútase nunha superficie total de arredor de 500 metros.
Unha vez rematada esta actuación continuarase coas obras que se atopaban en execución para a mellora da accesibilidade e o tránsito rodado no entorno da lonxa.
Novas relacionadas
- 13-05-15: Tremendo afundimento do muro onde estaba a Lonxa Vella de Malpica.
- 18-02-15: As máquinas xa derruban a lonxa vella de Malpica a pesar do rexeitamento social.
- 29-01-15: A lonxa vella de Malpica podería ser derrubada nas próximas semanas.
- Unha colleita de sinaturas para evitar a demolición da vella lonxa de Malpica.
- A lonxa de Malpica incrementa nun 93% a súa actividade con respecto ó ano 2013.
Novas relacionadas
- 29-01-15: A lonxa vella de Malpica podería ser derrubada nas próximas semanas.
- Unha colleita de sinaturas para evitar a demolición da vella lonxa de Malpica.
- A lonxa de Malpica incrementa nun 93% a súa actividade con respecto ó ano 2013.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).