Unha colleita de sinaturas para evitar a demolición da vella lonxa de Malpica


Moitos din que se trata do único edificio que queda con certo valor patrimonial de todo o porto de Malpica. Pero Portos e o Concello téñeno claro, van derrubar a lonxa vella de Malpica para conseguir máis prazas de aparcamento.
Parece en todo caso que non todo o mundo está dacordo. Estes días comezou unha campaña de recollida de sinaturas online a través da plataforma change.org: Detengan la demolición vieja lonja,patrimonio industrial pesquero para la construccion de aparcamientos xa conta con case 300 sinaturas.
Pero terán que ser rápidos nas demandas, pois as obras arrincarán en breve (anunciaban que despois do Nadal, e estarán listas en apenas dous meses.
Denuncian que non se consultou cos profesionais do mar, e lembran que se trata dun edificio histórico, primeiro escenario formal da venda de peixe na vila construído nos anos 50. Consideran que a rehabilitación do conxunto, agora en estado evidente de deterioro, podería permitir crear un espazo multiusos.

- Change.org: Detengan la demolición vieja lonja,patrimonio industrial pesquero para la construccion de aparcamientos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).