Venres. 26.04.2024
El tiempo

Atopan a estatua de bronce do Faro Nariga troceada nunha chatarrería de Alvedro

Estatua de bronce do Faro Nariga roubada Malpica
Atopan a estatua de bronce do Faro Nariga troceada nunha chatarrería de Alvedro

Así rescatou a Garda Civil de Santiago e o posto de Carballo a escultura de bronce denominada Atlante no faro Punta Nariga de Malpica. Roubada o pasado 15 de marzo cunha radial, a benemérita comezara unha investigación, que remataba esta semana co achádego dos restos da estatua.

A Garda Civil seguíu a pista e investiga xa unha persoa que tratou de vender a estatua troceada nunha chatarrería de Alvedro, Abegono (A Coruña). A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como presunta autora dun delito de hurto.

Comentarios