Domingo. 14.07.2024
El tiempo

Avalían como mellorar o abastecemento de Beo

11,00 h.-             A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reunirase co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga.  ftoto xoán crespo
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reunirase co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga. Foto: Xoán Crespo
Avalían como mellorar o abastecemento de Beo

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, avaliaron hoxe o proxecto municipal para mellorar o saneamento integral no lugar de Beo, na parroquia de San Tirso de Vilanova.

Segundo lle expuxo o rexedor á conselleira na reunión que mantiveron esta mañá, o obxectivo desta iniciativa, considerada prioritaria para dar servizo a 500 habitantes da contorna, é dotar este lugar dunha rede de colectores e dunha estación depuradora de augas residuais para complementar así a rede de pluviais xa existente.

Cómpre indicar que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.

Comentarios