Avelino Queiro informou ós colectivos de Cerqueda dos posibles cambios no Parque Recreativo e Deportivo


Este domingo, 3 de abril, a partir das 12.30 h, Avelino Queiro Verdes, presidente da Asociación de Veciños Monte d’Arxa informou a todos os colectivos da parroquia de Cerqueda dos cambios que o Concello de Malpica de Bergantiños lle manifestou que podería efectuar no Parque Recreativo e Deportivo para que se axeite ás necesidades da parroquia de Cerqueda.
Tras máis de dúas horas de reunión, compoñentes das directivas da Unión Deportiva Cerqueda, Asociación Cultural Raigañas, Asociación Cabalar Os Veteranos, de Monte d’Arxa e da Comisión de Festas adoptaron unha decisión unánime sobre as propostas de cambio. Esta decisión seralle comunicada ó alcalde de Malpica de Bergantiños nos primeiros días da vindeira semana en reunión entre o máximo edil e o presidente de Monte d’Arxa como voceiro de todos os colectivos.
Novas relacionadas
- Cerqueda quere Campo da Festa e non Parque Recreativo.
- Inagurado o novo Centro Social de Barizo ante as críticas do BNG malpicán pola “inauguritis”.
- Os veciños de Cerqueda fixeron chegar as súas ideas sobre o Campo da Festa.
- As forzas vivas de Cerqueda analizan o proxecto do Campo da Festa.
- O Alcalde de Malpica explicou as novidades sobre Parcelaria aos veciños da Monte d’Arxa.
Fonte
- Asociación de Veciños Monte d’Arxa.