Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os veciños de Cerqueda fixeron chegar as súas ideas sobre o Campo da Festa

Os veciños de Cerqueda fixeron chegar as súas ideas sobre o Campo da Festa

Estes pasados luns e martes foron tramitadas as conclusións valorativas sobre a área recreativa e deportiva que o Concello de Malpica de Bergantiños quere realizar no coñecido como Campo da Festa de Cerqueda. Recordar que o pasado venres unha boa parte dos colectivos sociais da parroquia malpicá de Cerqueda celebraron unha reunión na que concluíron que de se levar adiante o proxecto recreativo nunca máis Cerqueda contaría cun espazo útil e dispoñible para a realización de actividades gastronómicas, sociais, equinas e mesmo as de aparcadoiro público durante as celebracións relixiosas.

As conclusións foron remitidas á totalidade da corporación municipal de Malpica, desde o Alcalde a todos os grupos da oposición. Ademais, como a Deputación da Coruña é a entidade que financia as obras, hoxe martes entregáronselle tamén por rexistro as conclusións que xa se fixeron públicas o domingo pasado.

Froito da publicación en prensa destas valoracións dos colectivos cerquedáns, ó longo destes días foron varias as adhesións que recibiron algúns dos seus membros, tanto de socios das mesmas como de público xeral. Ademais, a Asociación Cultural Raigañas, que non puido estar na reunión do venres por incompatibilidade horaria, sumouse xa este domingo ás reivindicacións veciñais. Por último, comunicar tamén xa se recibiron as primeiras valoracións políticas por parte dun dos partidos da oposición.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación de Veciños Monte D'Arxa.

Comentarios