Venres. 29.03.2024
El tiempo

Baio, Malpica e Mazaricos despediron o ano coas simpáticas San Silvestres

Baio, Malpica e Mazaricos despediron o ano coas simpáticas San Silvestres
Familia da San Silvestre de Baio coa Plataforma Zas sen recortes en pediatria-Foto.Santi Soneira Familia da San Silvestre de Baio coa Plataforma Zas sen recortes en pediatria-Foto:Santi Soneira Que mellor que rematar o ano correndo… Bueno, se cadra a moitos se lles ocorren un cento de cousas máis divertidas que facer para preparar a noite de fin de ano, pero o auxe do atletismo está tendo graves consecuencias na comarca. Así, cada 31 de xaneiro os disfraces (non só os atuendos deportistas con cores fosforitas) toman vilas como Baio, Malpica ou Mazaricos para facer un pouco de espazo de cara á cea, e trangallada, de fin de ano.

XI San Silvestre de Baio

XI San Silvestre de Baio-Foto-Santi Soneira 2 XI San Silvestre de Baio-Foto-Santi Soneira A máis antiga da Costa da Morte, a San Silvestre de Baio, que artella a Asoc. Su A Agra, xa chegaba á 11º edición. Coma sempre o paseo fluvial encheuse de princesiñas e paiasos para percorrer unha milla a toda pastilla. XI San Silvestre de Baio-Foto-Santi Soneira 2 XI San Silvestre de Baio-Foto-Santi Soneira Jorge Mira coma sempre, apurou o vídeo de chegada, no que Martín Regueira, que vencía por terceiro ano, recortou un segundo a marca do ano pasado. Teresa Castro foi a primeira en categoría feminina:

V San Silvestre Malpicana

Bailarines da San Silvestre Malpicana Bailarines da San Silvestre Malpicana Máis de 200 participantes encheron de cor a vila de Malpica para esta despedida de ano tan singular xurdida hai 5 anos da amizade bilbaino-malpicán. A Asoc. Malante, de feito, sorteou unha camiseta do Athletic de Bilbao! O ambiente foi absolutamente espectacular. Participantes na San Silvestre Malpicana 2018 Participantes na San Silvestre Malpicana 2018

III Carreira do Leite de Mazaricos

Carreira do Leite de Mazaricos-Foto-Rafa Quintans 2018 Carreira do Leite de Mazaricos-Foto-Rafa Quintans 2018 Terceiro ano que Mazaricos aposta por un fin de ano lácteo. A III Carreira do leite tivo unha fermosa acollida, con numerosos disfraces en clave gandeira que amenizaron o frío. Ao final, o Brinde Leiteiro serviu para facer a entrega de trofeos. Rocio Alvite gañou a carreira do Leite coa MZ-Foto-Rafa Quintans Carreira do Leite de Mazaricos 2018-Foto-Rafa Quintans Carreira do Leite de Mazaricos 2018-Foto-Rafa Quintans

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/baio-e-mazaricos-despediron-o-ano-gozando-da-diversion-das-suas-san-silvestres/

Comentarios