Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As Barcanas e os Castelos de Area, un dos Reclamos das Festas do Mar de Malpica

CARTEL CASTELOS AREA Malpica agosto 22
CARTEL CASTELOS AREA Malpica agosto 22
As Barcanas e os Castelos de Area, un dos Reclamos das Festas do Mar de Malpica

Dende este xoves (ollo ca verbena con El Combo), Malpica ponse o mono de festa. as Festas do mar son unhas das máis vividas da comarca neste treito final de agosto. Ata o domingo non parará de haber pasarrúas, vermú, e ata procesión marítima o domingo ás 17:30.

Pero unha das citas máis singulares da fin de semana será o XXI concurso de Barcanas e castelos de area, que celebrará durante a mañá do venres 26 na praia de Area Maior de Malpica. A partir das 10:30h, “@rtistas da area” (previa inscrición ao longo da semana no Centro Cívico ou o mesmo venres na praia de 10:00h a 10:30h) tomarán o areal para artellar a súa arte efímera.

Festas do Mar de Malpica 2022 copia

Comentarios