Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Bastards e Agoraphobia súmanse ao Nordestazo

Bastards e Agoraphobia súmanse ao Nordestazo
Bastards e Agoraphobia unense a Marky Ramone’s Blitzkrieg e Heredeiros da Crus no cartel do Nordestazo 2016 Bastards e Agoraphobia unense a Marky Ramone’s Blitzkrieg e Heredeiros da Crus no cartel do Nordestazo 2016 Bastards e Agoraphobia son as novas bandas rockeiras que se incorporan ao cartel do Nordestazo 2016; dúas bandas galegas que encarnan perfectamente o espíritu cañeiro e divertido da cita que terá lugar o 30 de xullo en Malpica de Bergantiños. Bastards é unha fusión entre o mellor do punk rock e as raíces folk deste poderosísimo xesteto. A banda publicou ata a datacatro EPs y dous longos, que se traducen en enérxicos directos cos que percorreron o longo e o ancho de Europa en inmurables xiras, incluíndo unha exitosa xira conxunta coas lendas do punk británico GBH e a súa participación en festivais da talla do "Rebellion Festival", o Berlín Punk Rock Festival ou o Resurrection Fest en tres ocasións. No 2015 volveron á súa faceta musical favorita, musicalmente falando. O que significa máis punk rock e máis Ol! nas composicións, un nome máis corto e potente - abandoando o anterior Bastards on Parade - así como a participación dos artistas Tokyo Hiro de California e Pérez desde Viveiro, nos deseños da banda. Cun novo traballo debaixo do brazo, Bastards chegan ao Nordestazo dispostos a non deixar a ningúen indiferente. Agoraphobia son a banda feminina de referencia no panorama rock galego - e máis alá -. O quinteto conta cunha traxectoria meteórica na que destacan fitos como gañar no 2013 o "Vodafone Music Talent". No 2014 xiraron por todo o territorio nacional con artistas como Delorean, Lori Meyers, The Zombie Kids ou Russian Red. O 2015 foi o ano no que participaron no South by Southwest - SXSW - Texas;  a feira musical onde se dan cita as novas bandas más relevantes de todo o mundo. Con"Ready to Play" - o seu segundo traballo - acadaron o respaldo da crítica e do público grazas á súa base altamente explosiva e a presión sobre o escenario cunhas poderosas e contundentes guitarras. Bastards e Agoraphobia únense así a Marky Ramone’s Blitzkrieg e Heredeiros da Crus, completando un cartel que segundo sinala a organización "depara máis sorpresas". Nordestazo-2016    

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios