Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Boa maridaxe, con premio, nunha completa fin de semana malpicá

Boa maridaxe, con premio, nunha completa fin de semana malpicá
Feira Medieval Marineira de Malpica 12

Fin de semana completa a que se vivíu en Malpica. A XI Festa Galega parece que marida de marabilla coa VI Feira Medieval Mariñeira deixando unha fin de semana para o recordo. Durante o día, os postos de artesanía e gastronomía reciben a atención dos visitantes e veciños, amenizados por ducias de grupos de música tradicional. E pola noite, troula con bandas como Susana Seivane, Os da Porfía, ou Luar na Lubre.

A fin de semana deixa ademais un agasallo ben simbólico. Un agasallo en forma de escudo tallado en madeira. Foi o artesán rianxeiro Roberto Figueira Martínez, un dos postos da Feira, o que aproveitou os dous días de feria para ir facendo as súas demostracións de traballo en vivo para facer un fermoso escudo do Concello de Malpica.

É o segundo ano que Figueira ten un detallle co Concello, pois o ano pasado xa doara unha imaxe da Virxe do Carme.

Roberto Figueira entreou un escudo tallado en Madeira ao Concello de Malpica Roberto Figueira entregou un escudo tallado en Madeira ao Concello de Malpica Feira Medieval Marineira de Malpica

Comentarios