Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A campaña “Un Nadal de premio no comercio de Malpica” xa ten gañadoras

Sorteo Nadal de Malpica
Imaxe da realización do sorteo
A campaña “Un Nadal de premio no comercio de Malpica” xa ten gañadoras

Carmen, Dolores Pose, Nenucha, Beatriz Verdes e Ita resultaron gañadoras dos 5 vales de 100 euros do sorteo da campaña “Un Nadal de premio no comercio de Malpica”. OO sorteo levouse a cabo o pasado mércores de hoxe na casa consistorial, e o Concello contactará con elas nos próximos días para que recollan os vales. O diñeiro deberá ser gastado nos negocios da vila que participaron na campaña.

Esa foi a idea coa que partiu esta iniciativa da Concellaría de Promoción Económica xa o día 5 do pasado mes de decembro para fomentar o consumo a nivel local nestas datas. Participaron 27 establecementos de todo tipo, nos cales, por cada compra de 20 euros, o cliente entraba no sorteo. A actividade durou ata o pasado Día de Reis, con moi bo resultado.

Comentarios