Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Centro Cívico de Malpica acolle a exposición «Madeiras do mar»

Expo Madeiras do Mar de Ruth Beltran
O Centro Cívico de Malpica acolle a exposición «Madeiras do mar»

O Centro Cívico de Malpica volve encherse de arte coa exposición «Madeiras do mar» de Ruth Beltrán. A inauguración será hoxe venres, 1 de decembro, ás 19.00h, e estará visitable ata o 14 de xaneiro do 2024..

Un proxecto que volve convertir as crebas en arte, que nacía hai tres anos co nome Madeira Zombi. Beltráns recollía madeiras nas praias e nas rochas, maderias que tiveron
antes unha vida útil, vinculada a oficios e paisaxes. Son tamén unha homenaxe á tradición mariñeira e ás historias de persoas e empresas que co seu esforzo vital fortaleceron o vínculo de Galicia co mar. Algunhas das fotos recollen momentos do pasado coma embarcacións , industrias , oficios. Outras son imaxes da propia vida mariña. Cada unha delas é transferida despois á madeira escollida de forma artesanal. Todas son únicas e irrepetibles.

A actividade está organizada pola concellería de Cultura do Concello de Malpica.

Comentarios